Amosando publicacións coa etiqueta _. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta _. Amosar todas as publicacións

31.3.13

Xa era hora! Apaladrados en galego!

Por fin xa chegou as nosas mans! Apalabrados en galego!

Dende que se escoitaron os primeiros rumores houbo que esperar uns meses a  chegada desta aplicación.
E desde hai uns días, apareceu un artigo en Código Cero e en Praza Pública, onde se podía ler que xa dispoñemos dunha nova versión.


Ademais, tamén foi actualizado nas súas versións para iOS e Android incorporando dous novos idiomas: o noruegués e o galego.

Agredecemos á empresa arxentina Etermax e a compostelá Cilenis (especializadas en tecnoloxía lingüística), por facilitarnos o uso desta nova ferramenta.
Aquí podemos ver un vídeo onde se explica como xurdiu o proxecto.