Hoxe poidemos disfrutar da visita dun antigo alumno do instituto Elviña, chamado Daniel Domínguez.
En primeiro lugar, comezounos a falar sobre a súa traxectoria como guionista, que despois de perseguir o que él tanto ansiaba conseguiu introducirse no mundo da televisión. Un dos seus guións é dunha das series máis recoñecidas da televisión galega "Matalobos", unha serie que sempre seguín ata esta última temporada. Tamén, na actualidade, atopámonos con moitos obstáculos e cada día faise máis difícil chegar á meta.
O que saquei en conclusión de todo isto, é que non debemos deixar de perseguir os nosos soños, e aínda que non consigamos o noso obxectivo, non nos quedaremos coa dúbida e conservarémolo recordo desa experiencia.