15.5.13

De maior quero ser...

O noso futuro non se decide, a túa carreira elexirala na ringleira da Universidade.
Iso foi o que nos demostrou Daniel D. onte a tardiña.
"Ser guionista lévate a ter coidado dos teus cartos, porque podes vivir ben durante tres meses e outros seis sen nada".
Estas palabras recollidas da boca do noso guionista de "Mata Lobos" fixéronme pensar en como acabarei eu.
A censura ponse entre todos, os erros corríxense pasándoos entre as mans de moitas persoas, e aínda que non te leves ben cos teus compañeiros de traballo ;eles axudaranche na túa labor profesional e faranche ser moito máis emprendedor e consciente a hora do que teñas que facer para progresar como persoa autosuficiente.
Iso é o que eu busco; unha luz para xerminar e conseguir a altura perfecta como a que ten o noso ex-alumno Daniel Domínguez