10.4.13

A miña planta de laranxa lima

A miña planta de laranxa lima é unha novela de Xosé Mauro de Vasconcelos.

Narra a historia dun neno chamado Zezé que se abre á vida, pero vive nunha familia pobre e múdase de vivenda por problemas económicos. No lugar onde se mudaron encontran unha árbore de laranxa lima, que lle van dar un nome: Minguinho, que pasa a ser un amigo para Zezé.

Zezé é un neno intelixente, soñador, un neno precoz que lle gusta descubrir cousas novas e con 5 anos xa sabía ler. Aprende facilmente o mundo dos adultos.

Zezé un día faise unha ferida no pé e Manuel (Purtuga), axúdalle e lévalo á farmacia, despois de pegarlle unha paliza días anteriores.  Alí empeza unha nova amizade. Pasarán momentos inesquecibles xuntos.
Pero esa amizade romperá debido ó tren que leva por diante ao coche de Purtuga. Debido á morte de Manuel, Zezé cae enfermo con unha depresión e unha febre moi forte. Tiña un "shock" e se o coidaban ben podía recuperarse e así foi, Zezé supera todo iso.

O neno aprende que un amigo non dura para sempre e que sempre están unha vez na vida, pero sempre no teu carón.

Aquí deixovos un fragmento da película.