10.4.13

Enderezo desconñecido

Unha mostra de cómo a cultura e a política poden impoñerse nas relacións entre iguais.

Este libro nos fala da antiga Alemaña gobernada por Hitler mediante as cartas que Max Einstein, un xudeu estadounidense, e Martin Schulse, un alemán, envíanse durante este período.


Estes personaxes teñen unha galería de arte en California e son moi amigos. E aínda que ó comezo, demóstranse o seu afecto e cariño nas cartas, a medida que vai transcorrendo a historia xurdirá un espírito nazi en Martin que os distanciará e enturbará a súa relación.

Dende aquela, Martin teme que lle abran o seu correo e descubran que ten contacto cun xudeu. Por iso pídelle ó seu amigo que non lle escriba máis. Pero Max, ó enterarse da morte da súa irmá, comézalle a escribir cartas firmando co seu apelido, Einstein, o que delataba a súa procedencia xudía.

Na miña opinión, non é un mal libro, aínda que tampouco me entusiasmou. Teño que recoñecer que foi entretido lelo e non o puiden deixar ata acabalo, pero non me chamou a atención especialmente.