31.3.13

Queixa

Estimada veciña:
Como veciña e parte implicada nesta comunidade, quero expresarlle o meu malestar ante a súa actuación, xa que, non resulta de agrado para os demais veciños. En concreto, opino que non é correcto que vostede saque o can todos os días ó xardín comunitario.

Considerando que o animal deixa os seus excrementos no céspede impedindo que os veciños poidamos disfrutar do mesmo. Creo que nunha comunidade deberíamos participar todos e ser un pouco solidarios cara os demais.
Por outra banda, e tendo en conta o benestar de todos, conviña que vostede utilizara unha bolsiña e respetara os demais.

Atentamente a presidenta da comunidade