12.3.13

INTOCABLE!

É a segunda vez que vexo esta película. Esta vez era diferente xa que me decatei de que nela se reflexan prexuízos que aínda, a día de hoxe, temos nas nosas cabezas.

Phelippe é un home tetrapléxico, rico e aristócrata que anda na procura dun coidador. Tras varias entrevistas escolle a menos esperado, Driss. Driss era un home inmigrante dun barrio periférico marxinal que acaba de saír da cadea. Un pouco chocante, non?

Ao largo da película crease un gran vínculo entre eles. Enriquecense un do outro. Driss enseñalle a Phelippe a vivir a vida a pesar das súas dificultades físicas e este enseñalle cultura e modales. Quen iba dicir que se iban levar tan ben?

A parte de prexuízos que teñen que ver cos inmigrantes, etc... vense tamén os que temos sobre o homosexual que nesta película se ve reflexado na secretaria de Phelippe.