A orixe da careta remóntase no tempo e perdese na máis remota antigüedade. Suponse que a súa invención debeuse a fins relixiosos. Dende o paleolítico o ser humano utilizou máscara con diversos materiais que foron variando ao longo do tempo. Confeccionáronse con madeira, palla, corteza, follas de maíz, teas, pel, cráneos, cartón pedra, papel maché, látex, plásticos e outros materiais. Utilízanse dous términos similares: careta e máscara. A careta é exclusivamente para cubrir o rostro e para disimular rasgos da cara mentres que a máscara pode cubrir todo o corpo. Foron usadas nalgunhas culturas e aínda hoxe se seguen utilizando con fins relixiosos.
Algúns hallazgos arqueolóxicos mostraron que eran moi usadas en Exipto para perpetuar con elas os rostros dos mortos. Facíanse tratando de imitar da forma máis fielmente posible o rostro do difunto. Colocábanse xunto o ataúde e pintábanse da mesma maneira que este. Elaborabánse con cartón realizado con lenzo ou papiro revestido con estuco, que co paso do tempo endurecíase e presentaba total consistencia.
Segundo a clase social a que pertencera o morto, podía chegar a revestirse cunha lámina de ouro. Non se lle facían buratos nin os ollos nin a boca e representábanse con incrustacións ou pinturas. Os estudos arqueolóxicos levados a cabo en tumbas fenicias demostraron que esta civilización practicaba a costume de utilizar máscaras funerarias. Encontráronse rastros de máscaras en antiguas pinturas rupestres.
O uso da máscara comezou a evolucionar en Roma cando a levaban actores nos cortexos funerarios, para que se recoñecera e se lembrase o rostro do defunto. Tamén se usaron con carácter festivo, dando orixe a utilización no que hoxe é o noso Entroido. Con ditas máscaras realizáronse esceas burlescas dos ritos sagrados. Foron evolucionando e cambiando os seus usos, ata a actualidade, na que é frecuente, soamente nas carnestolendas.
Nestas festas desaparecen as categorías sociais, todos somos iguais, todos somos máscaras. A personalidade que cada un ten queda na casa e a máscara representa un papel, pero non un papel preparado senón improvisado a cada cousa que fai, a cada copla que di.
Ligazóns de interese: