11.2.13

A miña planta de laranxa lima


Todos sabemos que os nenos pequenos son os únicos que aínda conservan unha gran imaxinación e son capaces de conservar a ilusión e esa inocencia característica, pero lendo este libro emocioneime e sentinme de novo coma unha nena coma Zezé, o protagonista desta historia.
Ao principio non ía máis alá do que todos podemos imaxinar dun neno de cinco anos, pero ó ir pasando as páxinas, Zezé ía demostrando a súa gran tenrura e inocencia que conseguía, máis dunha vez, arrincarche un sorriso e incluso algunha bágoa.
Neste libro, nárrase un pequeno anaco de vida de Zezé, no que demostrará o intelixente que é, xa que sempre está intentando descubrir cousas novas e cando as ve as aprende pronto e a súa sensibilidade, que se ve en case cada palabra que di. Este fará parte indispensable da súa vida ó Portuga, un portugués e veciño da vila que un día morrerá, cousa que fará enfermar a Zezé. Aínda que, ó final, consegue mellorarse e, cando xa ten corenta e oito anos, escríbelle unha confesión a este amigo ó final da novela.
Ó momento que máis me gustou foi a escena na que Zezé lle explica ó Purtuga que el mataba co corazón. E é que este libro conseguiu chegarme ó corazón de verdade.