19.5.13

O retrato de Dorian Gray

Esta novela fai unha auténtica crítica á xente superficial. Mediante o protagonista, Dorian Gray, conseguirán retratar o verdadeiro interior das ersoas tan superfluas.


Todo comeza cun retrato que Basil fai de Dorian. Nel, aparece guapísimo e cheo de xuventude, tal e como é. Pero, co tempo, irase borrando esa pincelada de beleza polas que debuxan a un home vello e malvado. Así, o cadro mostrará o gran segredo de Dorian, o seu interior murcho e morto.

O libro, en xeral, é un pouco espeso, non ten un ritmo rápido porque componse de moitas citas filosóficas das que Harry, amigo e mala influencia de Dorian, e Basil son protagonistas. Pola contra, eu as considero interesantes e, aínda que non estea de acordo en algunhas delas, opino que son necesarias para poder entender a historia e tamén o lado psicolóxico dos personaxes. Son diálogos moi interesantes porque fan pensar e danche xogo para poder dar a túa opinión sobre o que falan.

En conclusión, esta novela gustoume bastante, o que máis foi o final, pero non o penso desvelar. Por outra banda, penso que debería ir un pouco máis rápido, só poñendo o imprescindible de cada capítulo.