O día das letras galegas é unha celebración para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa de dita lingua.
Comeza traballando moi novo en Castromil, onde coñece a personaxes participantes nas súas obras. Roberto Vidal Bolaño foi un home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. Funda o Grupo Antroido no 1975, até a súa compaía actual "Teatro do Aquí" (1991), pasando pola experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". Ademais, realizou guións para TVG e TVE con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes autores galegos do século XX, como Ánxel Fole e Eduardo Blanco Amor.
Participa como actor en películas como Sempre Xonxa ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.