
Volvendo ó tema. O día das letras galegas é adicado cada ano a un autor galego (Castelao, Curros, Pondal, Cabanillas...). Este ano tócalle a Roberto Vidal Bolaño (Compostela, 1950-2002). Quen recuperou o teatro galego para darlle o prestixio que merecía.
Comezou a traballar dende pequeno no Castromil, onde coñecería a personaxes que aparecerían nas súas posteriores obras.
Así, fundou o grupo Antroido (1975, primeira compañía de teatro galega), onde realizou os traballos de empresario, director, actor, autor, electricista, pintor... Tamén traballou coma dobrador para TV (guións e relatos para TV de Fole, Blanco Amor...).
Ademais de todo isto, formou parte do grupo Abrente, dirixiu o Teatro de Aquí (1991) e colaborou no Centro Dramático Galego (1984).
As súas obras máis importantes son: Días sen gloria, A ópera de a patacón, Bailadela da morte ditosa...