17.5.13

Un día imprevisto

O Martes pasado tivemos unha visita dun ex-alumno do instituto, que xa estaba medio olvidado na cabeza dos profesores. Este ex-alumno chamase Daniel D. Dominguez  e dedicase a guioniosta. El viu a falar do seu traballo, da súa indecisión na vida  e como  por causas do destino chegou a ser un guionista. Esta historia comenza coa indecisión do guionista  respecto a carreira que quería estudar, na que ao final escollería a carreira de periodismo,  a que deixaría  no primeiro curso. Un tempo despois, os seus pais dérronlle a idea de presentar uns dos seus guións a un casting, tivo a sorte de que o aceptaron. Así comenzou a historia en Terras de Miranda,  ata chegar agora  a Matalobos.

Alumnos como este son os que  representan e lle dan caché  ao nosos instituto, ademáis de este guionista, polo instituto pasaron actores, cantantes, médicos e moitos máis profesionais ( e a maioría fixo que coñecen o esquema de Pepa).