16.5.13

Visita e charla inesperada

Qué dúas últimas horas pasamos o outro día!!! Todo isto grazas a unha actividade didáctica na biblioteca na que estaba o guionista Daniel Domínguez García.

Este, falounos da súa vida, dende a infancia (a cal a pasou neste instituto), ata os trinta e dous anos que ten acutualmente. Daniel escribiu guións de series que case todos coñecemos como "Terra de Miranda" e "Matalobos".


O que máis me impactou desta visita foi unha anécdota que nos contou él: "Cando tiña que escoller unha carreira estaba agobiado porque xa estaba na fila para entregar o papel e non sabía cal escoller, ata que elixín periodisto polo feito de que sabía que ía ter que escribir e dábaseme ben" díxonos.

Gustaríame que viñera máis xente coma Daniel ao centro xa que estes ábrenche as portas de saídas que ao mellor non vemos e axúdanos a elixir o camiño que imos tomar unha vez acabados os estudos.