10.4.13

Os nenos numerados - Juan Farias

                                              Os nenos numerados

Os nenos numerados é o titulo que Juan Farias ponlle a esta historia, a libro comeza co roubo dunhas zapatillas na tenda de don Manuel, o ladrón no é outro mais que o protagonista, "Pés Planos", ao que inmediatamente collen e levan a comisaria, onde chaman ao seu pai e o xuiz decide metelo na Casa Grande, un lugar onde levan aos nenos problemáticos, algo asi como un reformatorio, onde os nenos pasan frio, fame e miseria.
Todos queren fuxir deste lugar, poucos o intentan e ainda menos o conseguen...

Este libro relata as experiencias dos residentes do reformatorio Coruñés de Palabea (OLLO! Iso non quere dicir que a situación dos nenos do libro sexa a mesma na realidade). Eu persoalmente recomendollo a calquera que se interese por a situación dos adolescentes nun reformatorio.
O libro podese descargar para kindle dende Amazon.