10.4.13

A praia dos afogados.




A evaluación pasada, lin A praia dos afogados, unha historia chea de misterio e policías.
O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato.

Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo,O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os dous mariñeiros sobreviventes viven aínda en Panxón, pero non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobre o sucedido.

Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento.

Paralelamente, Leo Caldas segue co seu programa de radio Patrulla nas ondas; tamén ten un papel importante, mesmo na resolución da trama, o seu pai, que está a coidar do seu irmán Alberte, gravemente enfermo no Hospital.

O malo, de todo o anterior, é dicir, non aporta nada novo. A novela é excesivamente larga. O ritmo pausado, lento, non supón ningún problema en “Ojos de agua” pois é un libro moi corto, pero cando falamos das 500 páxinas de “A Praia dos afogados”, é insufrible. É repetitivo – incluso un capítulo repítese casi por completo.

Aínda así, recomendo que o leades, para pasar o rato está moi ben.