Roedor xigante.
Preséntovos ao roedor xigante...
... o máis grande e con maior peso do mundo actual: o carpincho. Ten un certo parentesco cós porcos de guinea, só se diferencian en pequenos rasgos pero polo demáis son igualiños.
Por España como xa sabedes ou sospeitades non nos encontrariamos a ningún aínda que o buscaramos ata debaixo das pedras. Habitualmente viven en rexións onde o clima é tropical e templado, normalmente en sitios húmidos preto da auga, como en Sudamérica.
Se vades a velos algún día non teñadeslles medo, xa que son animais hervívoros e como a nós, gústanlles as carantoñas.
Nalgúns sitios os teñen en cautividade, para fabricar logo con a súa pel carteiras, bolsos, pola súa carne para facer salchichas... (Como en Arxentina). Noutros lugares están en total liberdade, dando a posibilidade de ver como é a súa vida.
Tamén os podedes ter coma se foran un animal doméstico máis, aínda que non creo que lles guste moito este clima...