14.10.12

                        Festa da Historia


A "Festa da Istoria" comezou no ano 1989 en Ribadavia. Sabes algo dela? Pouco? Nada? Pois ,todos os anos, esta vila lembra as súas tradicións e a súa historia, pois foi moi importante na Idade Media. 

O pobo de Ribadavia hoxe en dia é coñecido como un monumento historico nacional no mundo, e se algunha vez a visitas daraste conta que ao pisar as súas ruas están empedradas ao pasear polas prazas pórticas.

Pero te preguntaras...que fai o pobo de Ribadavia cada ano?
Este pobo ten o costume de facer obras de teatro que represente partes reais da historia do Ribeiro (Ribadavia), dous son as obras que representan no Auditorio do Castelo dos Sarmiento, coma O Malsín e A Endiañada.




Non só se fai teatro, se non tamén os de Ribadavia saben pasarlo moi ben! xa que na festa hay un momento específico para o baile medieval, para carreiras de pipote (consiste en empurrar un ponel con só tres integrantes), para o desfile; xa que este é o máis importate porque é o que da o inicio á festa, o torneo medieval e moitas máis cousas interesantes que este pobo de Ribadavia fai cada ano.


Outra cousa moi interesante tamén é que este pobo de Ribadavia traballa moito coas mans, facían todo tipo de utensilios para os oficios da casa, para o traballo, para recoller o cultivo como os cesteiros que axudaban moito. A maioria destos oficios o facían con metais, con madeira, con barro...como os oleiros; que eran os encargados de facer potas, cuncas, pratos, tarteiras, pucheiros...
É interesante saber como este pobo de Ribadavia mantén a riqueza da súa historia. Aqui os deixo un video co baile medieval deste ano 2012.