18.9.12

Mito Ulises

Qué podemos dicir de ‘Ulises 31’ que non sepamos xa:
É unha serie de culto que marcou a toda unha xeración e ao longo dos seus vinteseis episodios de media hora (producidos por Tokyo Movie Shinsha e Dic Entertainment), fíxonos vivir aventuras, sentir medo e nos introduxo a moitos no clásico de Homero da mellor das maneiras posibles. 
É unha serie das que xa non se fan, cun contido anunciativo moi presente pero coas dosis necesarias de aventuras, humor, tenrura e emoción. 

Ulises liberou a Telemáco, a Thais e a Numaios das farpas do Cíclope onde se procurou a ira dos deuses, que o condearon a merodear polo universo sen rumbo coa súa tripulación. O destino tráxico do heroe característico da traxedia marcaba o punto da partida dunha serie inolvidable.




Personaxes principais

-Ulises: Capitán do Odiseus.
-Telémaco: Fillo de Ulises e amigo e protector de Thais.
-Thais: Do planeta branco Zotra, con poderes telepáticos.
-Nono: Pequeno robot que come torcas, compañeiro de Telémaco.
-Shirka- Ordenador principal do Odiseus.

- banda sonora ten unha relevancia especial na serie e na música, un rock da época con moitos elementos da referencia electrónica, que marcaban as secuencias de loita e acción.