En primeiro lugar, comezamos dándolle unha benvida e posteriormente un home aportounos unha pequena charla de estereotipos sexuais, que por certo pareceume moi útil. Despois, dirixímonos á biblioteca onde realizamos uns xogos de presentación.
En principio, eu non ía participar en ningún dos grupos, pero pola falta dun compañeiro acabei formando parte dun deles, no que se atopaba Kola e tres compañeiros do Agra, por certo moi tímidos.
Este grupo que acabamos formando era o de Stephen Hawking, que tiña que ver coa discapacidade. A tarea resultoume bastante complicada, xa que, os meus compañeiros non se involucraban o suficiente e as cousas non saíron coma eu desexaba.
Durante a estancia que tivemos para relaxarnos, estivemos recordando o anterior reencontro e intercambiamos as nosas opinións e experiencias.
Penso que, xuntanzas coma esta deberíanse facer máis a menudo, porque é unha boa maneira de relacionarse e de aprender dos demais.
Agradaríame moito volver a contar cunha experiencia coma esta.
Ata a próxima!!