16.4.13

Encontro co Agra Leborís!!!




Gran día o de hoxe! Visitounos o instituto de Laracha (Agra Leborís). Fixemos actividades e amizades, sobre todo coas do noso equipo.

O día comezou cunha benvida ao grande con pancartas e despois de coñecernos uns e outros, tivemos unha conferencia por un tal Quintela. Máis tarde, tivemos varias horas para preparar un diálogo sobre as linguaxes despectivas que se usan contra os negros, maricóns, sudacas, sidosos...

Mentras facíamos o discurso as persoas do noso grupo fomos conectando tan ben que todo foi sobre rodas. Zaida, a alma da festa; Saray, a expresividade no diálogo e Eugenia, tímida pero tamén boa persona. Esperamos velas outra vez!

Despois fumos xantar todos xuntos un bocadillo á cafetería e despois de descansar un pouco, volvemos ao choio. Tivemos que presentar diante dos demais grupos o teatro que fixemos pola mañá e, despois de quedar ganador un grupo, despedímonos e quedaron as amizades pendentes.

A parte de pasalo xenial aprendimos a que non se pode xulgar á xente pola súa apariencia e que non todos os extranxeiros ou persoas diferentes a nós son mala xente.