Dende hai séculos segue cuestionándose a existencia dunhas criaturas especialmente interesantes que, como din, posúen o don da inmortalidade: os vampiros.
A primeira descrición “oficial” destes seres apareceu na famosa obra literaria Drácula, de Bram Stocker. Dende entón, miles de variantes foron dando forma ó que hoxe coñecemos como vampiro.
Ninguén sabe a ciencia certa se só se trata dun mito ou hai algo máis, pero atopáronse indicios de vampirismo durante toda a vida en diferentes partes do mundo, de feito, hai moitas noticias que o corroboran.
Eu son unha fanática desta particular especie que tanto me fascina. A búsqueda da eternidade e o morbo do sangue, da morte e do misterioso creo que son a base de que nos gusten tanto a algunhas persoas. Sen embargo, enfróntase co medo que outros presentan ao descoñecido.
Eu, para que podades sacar as vosas propias conclusións, quérovos incitar e introducirvos un pouco neste mundo e aprender un pouco máis. Así, vouvos ensinar algunhas das razas de vampiros. As que, estou de segura, que non vos deixarán indiferentes.
Parecidas ás Súcubos eran as Ereticas, e aínda que non eran tan boas no sexo, tamén eran mulleres que venderan a súa alma ó demo e adoptaban a forma dunha vella de mirada fatal.
En canto a vampiros de aspecto terrorífico destaca o Kathakano, que cuspía sangue na pel da vítima producíndolle feridas. O seu corpo tamén estaba cuberto de queimaduras e lesións que fedían e posuía unha boca desmesuradamente grande. A única maneira de matalo era fervendo a súa cabeza en vinagre (o que neutraliza as feridas leves). Tamén pertence a este grupo o Mormo (o servinte), pequeno e repugnante que cortaba a pel dos que durmían e bebía do seu sangue. Podían espantarse se pisaban a súa sombra. O Myertovjec (servidor das bruxas), tamén levaba o corpo cheo de pústulas que adquiría un ton vermello. Só se podía matar se o cravabas ó ataúde. O último desta clasificación é o Nosferatu, que tiña un corpo de cadáver en descomposición, o cal comezaba a mastigar e roer antes de saír da tumba.Se queres seguir informándote aconsélloche que visites os seguintes enlaces:
Upir (vampiro da estepa)
Brucolaco
Upierci
Vrykolakas
Vrycolatios (o sibarita), un vampiro obeso