Entrada ao campo Auschwitz II, Birkenau. |
O exterminio comezou na primavera do 42, os prisioneiros chegaban nun tren que ía directamente ao interior do campo, algúns eran directamente mandados ás cámaras de gas, outros a traballar e algúns éranlle entregados a Mengele para os seus experimentos. Aos prisioneiros dirixidos ás cámaras diciaselles que se desvestisen e deixaran todas as súas pertenencias no vestidor para recuperalas logo do tratamento e aos prisioneiros que superaban a selección inicial se lles asignaba unha tarefa ou eran enviados a traballar a outros campos.
Cando os alemáns ocuparon Hungría case 438.000 xudeus foron deportados a Birkenau e a maioría foron executados alí. Había días en que os fornos estaban cheos e tiñan que queimar os corpos en lumeiradas ao aire libre. En outubro do 44 os Sonderkommandos xudeus iniciaron un levantamento facendo estoupar o crematorio IV e intentaron fuxir na confusión, mais os 250 prisioneiros foron inmediatamente capturados e executados.
As cámaras de gas de Birkenau foron destruídas polas SS en novembro do 44 nun intento por agochar as actividades do campo aos soviéticos.