Se aínda non a coñecedes, xa vai sendo hora. Victoria Francès é unha debuxante valenciana que, ademais de ter uns debuxos preciosos tamén é autora de varios cómics.
A súa obra inspírase nos ambientes máis góticos e na maxia máis escura. Normalmente soen aparecer vampiros e bruxas nos seus debuxos. Ademais, utiliza para vestir ás súas personaxes unha espectacular moda vitoriana que, mesturada coa fantasía que envolve esa época, da un resultado dunha sensualidade absolutamente sorprendente. Así, a beleza do misterio fúndense en cada unha das súas pinceladas, creando un estilo único xa característico dela.
Sen máis que dicir dela, porque podería seguir dicindo mil adxectivos máis, aínda que ningún deles sería axeitado para describir o seu arte, espero haber espertado a vosa curiosidade e que vos gustase, aínda que non fose tanto coma a min, polo menos un pouquiño. Cousa que vos abrirá paso a este camiño misterioso cheo de fantasía que me ten absorta e que tanto me asombra.
Por outra banda, eu tamén teño unha faceta de debuxante. Non os coloreo pero fago o debuxo. E aínda que non son tan bos coma os dela, espero que vos gusten tamén. Adxunto que son máis bonitos en vivo que por fotos... porque saen un pouco difuminados ademais de que aparecen sombras e luces que non son reais.