14.3.13

Uns días para olvidar

Hoxe estou aquí, diante do ordenador, escribindo no blogue. Quizáis porque escribir o meu estado actual destes días faime desafogarme, xa que non encontro a ninguén que me poida axudar. A verdade é que non veño a dar pena ningunha, só a ver se me sinto mellor escribindo aquí.

Síntome estar nun barco e estar caendome pola borda ó mar. Non sei nin eu o que me pasa só sei que levo días chorando sen ningún sentido. Ás veces penso que estou soa en todo. 
Tiven, á verdade, 3 semanas que foron inolvidables, xa que viñeron a miña prima e a miña avoa dende Suíza a pasar uns días aquí. Dende que colleron o avión, xa non sou Alessia Mato, véxome sen forzas para tirar para adiante. 

Hai xente que o está pasando verdadeiramente peor ca min e iso o teño presente, pero levo días que penso que o mundo está en contra de min.
É como se a vida puxérame a proba de ser forte e poder seguir para adiante a pesar de todas as cousas que sucedan. 

É certo que teño un mozo que sempre está conmigo, e leva así 1 ano e medio, pero agótaselle a paciencia e é normal, e iso o agradezo, porque se non é, en parte, por el, eu estaría moitísimo peor. Pasa conmigo case todos os días e durante todo o día faime rir polas súas tonterías. Teño que poñer da miña parte, non o pode facer todo el, teño que sorrir sen que sexa polas súas tonterías e estar orgullosa de ter un mozo tan bo como teño. VOUNO CONSEGUIR! ( GRAZAS )

Supoño que tamén é a familia (papá e mamá) a que sempre estará contigo, ata nos peores momentos e iso dáme forzas para seguir, para estar cun sorriso na cara en todo momento, aínda que por dentro, te este doendo máis que nunca.
E por iso teño que darlle as grazas a miña nai, porque para min, como ela non hai ningunha. É a que sempre esta no meu carón axudándome a tirar para adiante, a que me da ánimos para estudar e á vez para saír da casa. Sei que ela será a que sempre vai perdoar os meus erros, pero tamén será a que me ensine a aprender deles. Grazas, quérote mamá.