31.3.13

Todos os anos o mesmo.

En España como en outros países da Unión Europea temos, non vamos dicir por costume, imposta unha norma na cal sumamos unha hora no mes de marzo, comenzo da primavera.

Aínda que nós xa estamos acostumados a este cambio non ven de sempre. Unificar este horario se decidiu no réxime franquista, mais primeiro igualouse a hora de España coa de Alemaña Nazi, así esta a impuso nos territorios ocupados que mantiñan un horario diferente coma Francia.





Despois da 2ª Guerra Mundial, esta alteración horaria propúxose para todos os estados europeos. Agora ben, a España non lle coincidía esta transformación con o seu fuso horario, mais o leva facendo máis de 70 anos.

A miña nai sempre mo dixo, que a nós non nos afectaba este cambio. Máis acertadamente teríamos que ter o horario británico. O Meridiano de Greenwich tamén afecta ao noso horario, debido ó seu paso pola costa mediterránea española (0ºLonxitude); polo tanto España, Francia, Gran Bretaña e Portugal deberían establecer un mesmo horario.

En concreto, a Galicia, non lle afecta para nada este cambio de horario, xa que aforramos un mínimo, case despreciable, e no que ten que ver coa luz solar tampouco. Por que? Porque estamos na esquiniña e xa nos pilla noutro fuso. Debería mirarse cadanseu país co seu fuso, así teriamos o horario que nos correspondería a cada un.