9.3.13

SNAKIZADOS!

Xa choveu dende que eu non pisara un teatro... A verdade é que me esperaba outra cousa.

Nada máis chegar sorprendeume o decorado que a primeiras estaba segura de que era un basureiro pero despois dinme de conta que era un volcán formado polos anacos e restos do pasado dos que iban nacer unha novo ser. Un ser un pouco inquietante. Non se sabía se era un home, un extraterrestre, unha planta, un animal...

Polo de agora estaba enganchada e desexando que todo empezase a cobrar sentido, pero non foi así. Falaba dunha cousa e saltaba para outra. Era un bombardeo continuo de información fragmentaria que o meu cerebro intentaba ordenar sen éxito.

Demasiado vasto! Un monólogo de 75 min. era demasiado abafante. A miña cabeza sí que iba entrar en erupción e non o volcán.