10.4.13

Primeira muller executada



O 20 de marzo de 1899 Martha M. Place converteuse na primeira das vinte e seis mulleres executadas na cadeira eléctrica despois de asesinar á súa fillastra Ida de dezasete anos, botándolle primeiro ácido sulfúrico á cara e afogándoa posteriormente cunha almofada en febreiro do ano anterior.

William Place, o seu marido dende 1893, tívoa que denunciar en multitude de ocasións polas súas continuas ameazas de morte de cara á súa filla. Seis anos despois do enlace, William foi atacado pola súa muller e cando a policía chegou na súa axuda, atoupou o corpo ensanguentado de Ida debaixo da cama.

A autopsia revelou que a rapaza fora atacada en primeiro lugar cun ácido na cara e que posteriormente morrera afogada. Martha defendeuse no xuízo afirmando que era inocente. O seu irmán alegou que tivera unha conmoción cerebral aos 23 anos e que nunca se recuperara totalmente, o que a deixou mentalmente inestable.

De todas formas, foi declarada culpable e condeada a morte. Martha fixo un par de apelacións baseándose nos seus problemas picolóxicos e afirmando que a execución no seu caso era un castigo extremo. Foi enterrada no cemiterio familiar en East Millstone, New Yersey, sen ningún tipo de ceremuña relixiosa.