A predición do tempo sempre é algo que nos preocupa porque inflúe, para
mellor ou para peor, nos nosos plans, sen embargo, a meteoroloxía é unha
ciencia non moi precisa porque hai que interpretar a información que aportan
disintos fenómenos atmosféricos.
Eu vouvos propoñer unha maneira de prognosticar o tempo meteorolóxico deste
ano. Trátase dunha tradición familiar pois miña nai aprendeuno da súa avoa e
agora vouna compartir con vós.
Cada vez que empeza un ano, temos a posibilidade de coñecer cal vai ser o
tempo que vai predominar en cada un dos meses. Segundo esta predición, neste
ano imos ter un tempo seco e soleado durante os primeiros oito meses, de
xaneiro a agosto, e, nos catro restantes, un predominio da choiva aínda que con
algúns claros.

Agora deberiamos estar atentos aos días que veñen para comprobar se o tempo
vai ser tan bo como nos prometeron as sortes.
Probade a ser meteorólogos!!!