22.1.13

Gaudí, un novo punto de vista

Antoni Gaudí i Cornet (Riudoms o Reus, 25 de xuño de 1852 – Barcelona, 10 de xuño de 1926) foi un gran arquitecto que buscaba a perfección nas súas obras. E aínda que a perfección non existe, el achegábase moito a ela. Mesturaba tradición con innovación, o medieval co contemporáneo, o natural co artificial… Tamén introduciu novas técnicas coma o “trencadís” (un mosaico feito con trozos de cerámica), que se pode observar perfectamente no Dragón do parque Güell. El collía o xa feito e dáballe o seu propio toque persoal tan orixinal que distinguía tanto as súas construcións.


En efecto, foi un home que cambiou a conservadorista Cataluña por unha máis aberta a novas técnicas e ideas. E non se pode negar que encheu as súas rúas de cor e alegría.

A obra deste fantástico artista pódese dividir en varias etapas, a primeira foi a orientalista, onde se inspira na arte de Oriente; a segunda foi a neogótica, onde se inspira na arte gótica medieval, esta é a que a min máis me gusta, penso que foi cando creou as súas mellores obras, aínda que na súa etapa naturalista tamén ten moi boas referencias; a terceira é a naturalista, onde perfecciona o seu estilo inspirándose na natureza.

Podo salientar varias obras del, que para min, son as mellores: o Capricho, a Sagrada Familia (Patrimonio da Humanidade), as Bodegas Güell, a Casa Calvet, a Casa Batlló e o Palacio Episcopal de Astorga.

Gaudí é coma a marca “Desigual” da arquitectura. Sempre buscando algo diferente co que todos quedemos coa boca aberta, e dende logo, que de que falar.