27.1.13

27 de xaneiro: Día internacional da Conmemoración das Vítimas do Holocausto.


LOLA TOUZA DOMÍNGUEZ, JULIA TOUZA DOMÍNGUEZ e AMPARO TOUZA DOMÍNGUEZ

Eran naturais de Ribadavia e rexentaban a cantina do ferrocarril na localidade. Elas organizaron, entre 1941 e 1943, unha rede de fuga de xudeus para pasalos a Portugal. A rede de axuda aos xudeus en España iniciábase en Xirona, na fronteira con Francia, e, nun primeiro tramo, chegaba ata Medina del Campo. Desde alí continuaba ata Monforte e Ribadavia, onde adoitaban chegar os xudeus perseguidos á noitiña. Nunha fase final, os fuxidos eran levados ata a fronteira portuguesa, e desde o país veciño embarcaban logo rumbo a América, ou a portos do norte de África. O Cantábrico era máis perigoso porque estaba moi controlado polos alemáns.
Salvaron a vida a máis de 500 xudeus aínda que as tres irmás nunca comentaron a ninguén as operacións tan arriscadas que realizaban. E non foron os seus familiares quen descubriron o xuramento de silencio que as Touza se fixeron en vida, senón un vello xudeu neoiorquino que por 1.964 quixo saber qué fora daquela muller que o levou unha noite sen lúa cara á liberdade, ao outro lado da fronteira. Chamábase Isaac Retzmann e, como tantos outros salvados pola  ribadaviense, puido chegar a  América en 1.943. Retzmann coñecera un emigrante galego na Gran Mazá, Amancio Vázquez, e, sabendo que este volvía ao seu país natal de vacacións, pediulle que preguntara polas irmás Touza.

NON 
O encargo rematou chegando a un libreiro de Vigo, Antón Patiño Regueira, e con el comezou a coñecerse esta historia oculta. Antón interesouse pola historia e  reuniuse con elas pouco antes da súa morte e deu a coñecer os feitos no seu libro Memoria de ferro.


Hai tres meses, o Centro Peres pola Paz plantou en Xerusalén unha árbore co nome de Lola Touza que recorda os feitos das tres irmás. Os seus netos, que recibiron un diploma acreditativo, esperan agora que o Goberno israelí as nomee Xustas entre as Nacións, o máximo recoñecemento oficial para aquelas persoas que axudaron aos xudeus durante o Holocausto. 



O título de Xustos entre as Nacións debe cumprir tres requisitos, e os tres danse no caso destas mulleres, Lola, Amparo e Xulia: 1) Que salvaran a un xudeu; 2) que o salvaran arriscando as súas vidas; e 3) que o fixeran sen ánimo de lucro.Polas súas axudas, chámanlles as SCHINDLER GALEGAS…  CONSTRUÍR