Este libro presenta dous triángulos amorosos unidos a través do personaxe Dimas Zuriaga . Estas triangulacións amorosas son moi especiais porque mesturan a homosexualidade e a traizón.
Esta situación lévanos a unha historia incluída dentro do xénero de
novela negra que provoca tensión ata ben chegado o final porque non nos deixa descubrir quen é o asasino. Todo isto vai aderezado con confusións á hora de identificar o asasino, con chantaxes, con métodos especiais de asasinato como inxectar formol no pene e incluso coa participación moi importante dun personaxe canino como é Pipo.
 |
| PIPO |
Paréceme moi especial que se desenvolva nun lugar como a
illa de Toralla onde se pode atopar un rañaceos ao lado dun castro da Idade de Ferro ou dunha necrópole romana. Agora ben, Vigo é o lugar de nacemeno de
Domingo Villar, o autor da obra, e nela demostra que coñece moi ben a cidade e os arredores.