14.10.12

A pataca de Galicia.

Sabíades que a pataca de Galicia é coñecida como "Kennebec", que se cultiva en todas as zonas da nosa terra, e que é recoñecida como Producto Galego de Calidade?





Este tubérculo está formado en su maior parte por auga, tamén contén almidón e minerais como o potasio ( por certo! moi bo para o corazón ), sen embargo, o seu contido en fibras e proteínas é escaso. 
Ten vitaminas dos grupos A, B e C aínda que durante o seu almacenamento perde propiedades ao igual que durante a coción.


Desde 1980 celébrase unha magnífica festa en honra desta pataca, en Coristanco (A Coruña). Este ano celebrouse o 32 aniversario deste festexo. Algunhas das actividades que se poden ver nesta celebración son por exemplo: desfiles de tractores que arrastran figuras feitas con patacas, unha misa solemne, un pregón, unha exibición de baile e por suposto a degustación desta sabrosa pataca.

A pataca é tan coñecida na nosa terra que se lle fixo unha gran cantidade de refráns, algúns deles son os seguintes:

  • As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.
  • Val máis bocado de vaca que catro de pataca.
  • En xullo arder, as patacas coller.
  • O que queira comer patacas por San Xoán, bóteas cando o pan.


Destácovos un par de curiosidades que recollín ao facer este traballo:

Unha locución moi popular da pataca, que é Coller nas patacas, que significa sorprender a alguén cando está facendo algo en segredo.

E unha cantiga moi coñecida en Galicia,e que perdura nos nosos tempos, "Arroz con chícharos" na que se fai unha pequena mención a esta pataca.