Pois eu vouvós falar dos diferentes xogos na mitoloxía, da súa orixe, de qué estaban formados, en que consistían e cada canto se celebraban.
A orixe dos xogos foi no século VIII a.C. Agrúpanse en dúas clases. os relixiosos e os outros. Cos primeiros o gañador obtiña como premio unha coroa, iso sen contara gloria e o recoñecemento dos deuses. Neste grupo hai catro grandes convocatorias denominadas "O Circuito" que son os Xogos Olímpicos, Xogos Píticos, Xogos Ístmicos e Xogos Nemeos. Cos segundos gañábanse premios en metálico, calquera cidade os convocaba e eran en honor a reis e a persoas importantes.
Os Xogos Olímpicos, que son os máis importantes celebránse en Olimpia cada catro anos e duraban cinco días. Éstas eran parte das festas que consagraban a Zeus. As primeiras competencias basábanse en carreiras a pé, na loita libre e no pentatlón que estaba formado por lanzamento de xabalina, lanzamento de disco e salto de lonxitude. Despois incluiuse o pancracio, as carreiras de carros, de cabalos e con armadura, e varias competencias artísticas coma a música, a poesía e a danza. Hai dous versións sobre a súa orixe, uns pensan que inaugurounos Penélope trala súa vitoria contra o Rei Enomao de Pisa, pero a gran maioría pensa que Heracles plantou o olivo sagrado do que se sacaban as ramas da coroa do vencedor.
Os Xogos Píticos inaugurounos Apolo trala súa vitoria sobre Pitón, celebrábanse no tercer ano despois de cada olimpiada en Delfos. Consistían nun concurso musical de himnos a Apolo.
Os Xogos Ístmicos son celebrados no istmo de Corinto, no primer e tercer ano de cada olimpiada e eran dedicados a Poseidón. Según uns fundounos Sísifo en honor a Melicertes e según outros foi Teseo o que o fixo para conmemorar as súas aventuras de Trecén a Atenas. Pero probablemente conmemoraban a independencia de Grecia respecto a Filipo V de Macedonia.
Os Xogos Nemeos iniciáronse no 573 a.C. no Santuario de Zeus en Nemea e tiñan lugar no segundo e cuarto ano de cada olimpiada. Ao gañador concedíaselle unha coroa de apio silvestre. A súa orixe adxudicábaselle a Heracles para conmemorala morte do león de Nemea ou polos sete contra Tebas en honor de Ofeldes.
Se queres saber máis da Mitoloxía Grega aquí tes uns xogos interactivos, tales como o aforcado, o pasapalabra...