10.9.12

Emilia Pardo Bazán

Con insistencia Emilia Pardo Bazán abriuse camiño nun mundo de homes para acabar converténdose “nun referente na causa da muller”, como explica a catedrática Ana Mª Freire. O xénero para ela foi un obstáculo, pero “non un impedimento” e o seu esforzo tivo como froito ser recoñecida como “unha das grandes do xénero novelesco” pero tamén do xornalismo e da literatura epistolar. De feito, Pardo Bazán relacionábase e contaba co respecto dos seus contemporáneos de máis renome, como Menéndez Pelayo ou Benito Pérez Galdós e puxo todo o seu talento e empeño para ser muller e escritora pero nas mesma revistas e publicacións que os homes, dende as súas mesmas tribunas. “Foi unha adiantada ao seu tempo como escritora e como muller porque exerceu un feminismo intelixente, eficaz e práctico” pero non violento nin estridente, apunta a catedrática da UNED, e fíxoo con accións contra corrente, non teorizando sobre a igualdade, senón exercéndoa. Súa foi a primeira novela, La Tribuna, que tiña como protagonisunta unha muller obreira.

Fonte