3.9.13

Dublinés

Logo dun longo e divertido verán no que estiven lendo este libro, quero rechamar algunhas das cousas máis peculiares que atopei neste exemplar.

 O título que o autor lle pon a este libro desconcerta un poco, xa que naide espera que fale do famoso  escritor James Joyce cando se titula "Dublinés", porque, como ao final ben di o libro, o protagonista pasa máis tempo fóra de Dublín que dentro del.

Cando lin este libro chamoume moito a atención que o exemplar tratase, sobre todo, dunha biografía do protagonista e non pensaba que un escritor tan famoso tivera tan mala vida gastándose os seus cartos en beber e disfrutar da noite e ocupándose pouco da súa familia.

Pareceume fácil de ler e aínda que tivera moitas páxinas, ao ser de banda diseñada líase con rapidez. A verdade é que recomendo este libro a calquera; ademais de entretido, paréceme bo que máis xente coñeza a este escritor dublinés James Joyce.

P.D: sinto facer esta entrada tan tarde, xa a punto de comezar o curso seguinte, pero aínda que o libro
se lera rápido tomeime o verán con calma e linno pouco a pouco.

15.7.13