9.6.13

♠ Manda carallo na Habana ♠

Unha mañá de esmorga, Cristina e Andrés, preparaban as dúas últimas semanas de exames...



Andrés: Ay que carallo! A finais de Xuño e toca facer todo isto.

Cristina: Para de andar á miñoca que estamos ao que estamos. Logo   nos chegan os suspensos e queixámonos...

Andrés: Pero e que é coma quen anda a ceacú, en troques de irmos para diante imos para atrás.


Cristina: Xa o sei, que hai moito que estudar, andamos todos cun nó na gorxa; mais isto é unha carallada e rematamola nun chiscar de ollos, así que quita esa cara de ferreiro e anda a traballar, carallo!

Andrés: Si exacto, ti bótalle terra ao asunto, cago no carallo.


Cristina: Ándate con pés de la meniño, que aínda acabamos mal. Ademáis, de verdade temos que discutir ata nos diálogos para o blogue?

Andrés: Noon, eu non dixen tal, és ti a que estás que fas chatolas cos dentes.

Cristina: Boh, voume fumar un cigarriño, vés?

Andrés: Dalle, carallo, dalle!!!