10.4.13

A monarquía en España

Nos últimos tempos a monarquía española está a vivir unha serie de escándalos que a están a poñer no obxectivo das críticas de todos os españois.

Ofeito de que a filla e o xenro do rei estean implicados nun proceso xudicial de corrupción, que o rei fose hai uns meses a África a unha cacería de elefantes, a polémica sobre a vida íntima do monarca ou a publicación dun libro por parte dun curmán da Princesa de Asturias rebelando que a súa curmá abortada no pasado, están a facer entrar en crise a esta institución.

Desde o meu punto de vista, coido que todas as monarquías, non só a española non teñen sentido a estas alturas da historia.
Non ten sentido que nos representen a todos os españois persoas que, por herencia , teñen unha serie de privilexios que ninguén máis ten.
Sería máis razoable unha República, cuxo presidente fose elixido polos cidadáns cada certo tempo.
Aínda que por outra parte tamén temos que ter en conta o que fixo o rei cando salimos da ditadura, que volo contarei outro día.