27.3.13

Visita inesperada.


O xoves pasado, as nenas que estudamos alemán nos cursos anteriores, xunto cos que están agora estudándoo tivemos un encontro no video 2 con algúns alumnos de Alemaña que aprenden español. Eses moz@s viñan de Kaufbeuren, unha cidade do sur do estado de Baviera, e tiñan entre 15 e 19 anos. 

Ao principio tíñamos  bastante vergoña por se falábamos mal pero despois ao darnos conta de que eles tamén sentíanse así comezamos a charlar e cantar tanto en castelán coma en alemán. 
Déronnos dúas follas informativas onde nos contaron as actividades e lugares de interés tanto de Kaufbeuren coma dos arredores. O instituto deles chamado Jakob-Brucker-Gymnasium é un dos poucos centros educativos do estado no que pódese aprender español. Nós as dúas, xunto con Laura, falamos cunhas nenas e entendímonos bastante ben mesturando as dúas linguas. 
Na hora seguinte tíñamos exame de galego e comentámoslles que é unha lingua propia desta comunidade, como por exemplo, no País Vasco falan o euskera e en Cataluña o catalán.