27.3.13

Top Series

Aquí os presento o meu top das mellores series do século XXI, tanto españolas como extranxeiras.


7 vidas.

É unha comedia que comezou ao redor do ano 2000 e, aínda que finalizou no ano 2006, segue sendo unha das series españolas con maior anos de emisión, despois de Cuéntame.
Comezou narrando a milagrosa recuperación de David (Toni Cantó) despois de pasar 18 anos en coma e finalmente centrouse en contar as vivenzas dun grupo de amigos que vivían no mesmo edificio e reuníanse no bar "Kasi Ke No" como se fora a súa segunda casa. Tiña moitas anécdotas divertidas e entre eles sempre había lios amorosos ou algunha pelea que resolvían de forma cómica. 
Foi unha gran revolución nas sitcoms deste país e que enganchou a moitos españoles ao longo de máis de cinco anos en antena. Quen, dos que viran esta serie, non lembra as collejas que lles daba Sole (Amparo Baró) á panda de trintañeiros cos que convivía?



House.


Conta a historia do antipático médico Gregory House e o seu equipo de diagnóstico de enfermidades. É, sen dubidalo, o mellor médico do Hospital Universitario Princeton-Plainsboro e tamén o máis rebelde xa que detesta acatar as ordes. Odia poñer a bata de médico e ter relación cos pacientes, intentando librarse sempre da hora de consulta. 
Sempre o acompaña o seu amigo inseparable Wilson e un bote de Vicodina, calmante ao que é adicto. Gañou dos Globos de Oro e tres premios Emmy. House sempre fai referencia a unha frase: "Todo o mundo minte."

Prison Break

É outra das series da cadena Fox que chegou a España no ano 2007. 
Relata a historia de dous irmáns, Lincoln e Michael, que están na cárcere de Fox River. Lincol é condenado a pena de morte polo suposto asasinato no irmán da Vicepresidenta dos EE.UU e Michael atracaou un banco para infiltrarse no cárcere e levar a cabo o magnífico plan que ideara para sacar ao seu irmán de prisión. 
Consta de 4 temporadas nas que os protagonistas fan frente a "A Compañía", unha asociación secreta que ten o control de Estados Unidos e intenta rematar cos irmáns.