19.2.13

Día de Esmorga(Google Docs)

Argumento:
Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897- Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX. Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas.
“A esmorga” é a novela máis popular e lida de Blanco Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes do escritor.
Tamén foi autor e director de teatro, xénero potenciado polos galegos emigrantes ou exiliados. O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica.



Estructura:
A novela está estructurada nunha primeira parte chamada Documentación e cinco capítulos.
A Documentación é un curto relato a modo de introducción no que o autor informa sobre como recolleu a información para escribir a narración.
Os cinco capítulos están divididos segundo os diferentes días da declaración do Cibrán ante un xuíz:
- No primeiro capítulo, que corresponde co primeiro día da declaración, Cibrán declara ante o xuíz unha presentación dos feitos, como comezou a historia.
- No segundo capítulo, Cibrán revela no final que eles prendéronlle lume ao pazo nun descuido.
- No terceiro capítulo ou no terceiro día, Cibrán continúa narrando as falcatruadas que fixeron, e vanse descubrindo novos feitos.
- No cuarto capítulo, conta o que fixeron no pazo dos Andrada.
- O último xa é o desenlace.

Narración:
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.
Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.
Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.

Os personaxes:

Cibrán.
A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes (“tiñica”, “puchapodre”, “castizo”). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores)
O Milhomes.
Tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.
O Bocas.
Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter         forte, e por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.
O xuíz.
Actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión (-) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.
Personaxes secundarios.
Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego que canta coplas.

Espacio:
O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura-lo máximo pracer no que pode se-lo seu último día de liberdade.
O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.


Tempo no que transcurre:
Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV)
As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un luns ó amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros.
Existe ademáis un terceiro tempo, distante do relato, que é correspondente ó momento no que o narrador-autor escribe a “crónica”.
Cómpre ter en conta tamén as historias que cada personaxe vai encaixando no relato principal ó longo do mesmo (recordos de Cibrán, historia da dona do pazo contada polo Bocas, etc.)