
A verdadeira mensaxe desta canción, acércase pouco ao que eu lle dera.
Pensaba que trataba dun canto á LIBERDADE de calqueira, pero a realidade é que esta historia ten nome e apelidos, Peter Fechter.
Este mozo foi o primeiro alemán que morreu intentado cruzar o muro "a alambrada" de Berlín. Cando se encontraba a punto de pasar ao outro lado, os soldados déronlle o alto " non escoitou a voz que o chamou " e a continuación disparáronlle. Quedou tendido no chan en metade dos dous bandos sen que ninguén o axudara, uns por medo aos outros.
Peter finalmente morreu desangrado tras 50 angustiosos minutos que foron presenciados por numerosas testemuñas.
Desafortunadamente el non foi a última víctima.