11.11.12

Castelao, Pai do Nacionalismo Galego


Castelao (Rianxo, 1886 - Boas Aires, 1950) é en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX.

Dotado dunha sensibilidade singular, extraordinario debuxante, literato e un profundo coñecedor da psicoloxía do pobo galego, que queda reflectida na súa obra chea de comprensión e humanidade.

Licenciouse en Medicina en Santiago, pero confesaba: "Fixenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade", foi membro do corpo técnico do Instituto Xeográfico Estadístico e profesor auxiliar de debuxo no instituto de Pontevedra.


Uniuse ao movemento Acción Galega en 1912, o cal o seu obxectivo era despertar a conciencia da clase do campesiñado galego e en 1916 incorporouse ás Irmandades da Fala. 
Máis tarde, no 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.

No 1926 é elixido membro da Real Academia Galega.

Nas Cortes Constituíntes da República, foi nomeado deputado pola provincia de Pontevedra co Partido Galeguista.

Participou na elaboración do proxecto do estatuto galego, aprobado mediante un referendo en 1936.

Ao remate da Guerra Civil exíliase en Nova York e posteriormente na Habana, onde morre en 1950.
Desde 1984 os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago.




Entre as súas obras destacan:

  • Un ollo de vidro: Memorias dun esqueleto é un texto en prosa que narra a súa actual vida nun cemiterio.
  • Cousas: Conxunto de 45 breves relatos, obra en prosa que fai unha transcendente interpretación a Galicia.
  • Os dous de sempre: Única novela longa de Castelao, presenta unha concepción determinista do ser humano.
  • Os vellos non deben namorarse (1941) é a única obra teatral de Castelao.
  • Finalmente, Retrincos é unha colección de relatos de Castelao, composta por cinco narracións autobiográficas.
Preme aquí para ver un vídeo.