11.11.12

A misteriosa desaparición de Amelia Earthart

Amelia Earthart
Amelia Mary Earthart foi unha aviadora estadounidense, famosa polas súas marcas de vó e por intentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial. Durante a Guerra Mundial presentouse voluntaria para facer de enfermeira xunto coa súa irmá na cidade de Toronto, onde atendeu a pilotos feridos en combate. Máis tarde, invertiu diñeiro para construír unha pista de aterraxe, vendeu aviones Kinner e promoveu a aviación, especialmente entre mulleres. O mesmísimo Boston Globe a recoñecía como unha das mellores pilotos de Estados Unidos. Xa fai 75 anos dende a súa desaparición...



Foi en 1935 cando comezou a planificar a súa viaxe arredor do mundo. De habelo logrado non só habería conseguido ser a primeira muller en facelo, senón que tamén habería sido a primeira persoa en usar unha ruta distinta á habitual neste tipo de travesías. E é que nos vós arredor do mundo que se habían desenrolado ata a data, as estapas eran curtas e realízabanse a través dos ceos do hemisferio norte. Earthart quería intentar circunvoar o globo seguindo a liña do ecuador. Según ela mesma, era o vó máis importante que lle quedaba por realizar.

Acompañouna na súa viaxe Frederick Noonan, que estaba acostumado a sobrevoar o Océano Pacífico. Tamén foron outros dous tripulantes coma técnicos. Pero a viaxe fracasou... Cerca de Pearl Harbor perderon o control do aeroplano. Un dos tripulantes atribuíu a responsabilidade do accidente a Amelia.
Isto senón que desmotivar a Earthart só a animou máis co seu proxecto e decidiu cambiar o curso da viaxe ao este, ademais de que nesta ocasión só irían ela e Noonan. O avión escollido para o seu segundo intento foi un bimotor Lockheed Electra.

Partiron o 21 de maio de 1937 dende Os Ánxeles ata Florida. Pero no segundo terzo da viaxe, Amelia enfermou de disentería, un transtorno inflamatorío do intestino. Sen embargo, só uns días despois reanudou a travesía. Seguido disto, mantivo constante comunicación co gardacosta estadounidense Itasca. Ás 19.30 avisou de que o combustible estábase rematando, despois de 44 minutos chegoulle ao gardacosta a última mensaxe indicando a súa posición. Ás 21.30 empezou a asumirse que o avió caera ao mar nalgún punto da Isla Howland e comezouse unha busca contrarreloxo.

Non había rastro nin do avión nin de Earthart e Noonan. A súa busca constou de máis de 3000 persoas,  10 barcos e 65 avións, pero case tres semanas despois abandoouse a búsqueda, xa que as esperanzas de encontralos vivos eran nulas. O 5 de enero de 1939 Amelia Earthart foi declarada oficialmente morta no Tribunal Superior de Os Ánxeles, California.

Irene Craigmile Boltom
Nunca chegou a averiguarse realmente o que sucedeu co biplano de Amelia, a pesar das múltiples teorías xurdidas co paso do tempo. Algúns afirmaban que Amelia e Noonan foran capturados polos xaponeses e levados a campos de concentración onde foran executados. Outros sostiñan que o avión fora derrubado. Tamén se dixo que Amelia fora posta en liberdade e devolta co nome falso de Irene Craigmile aos EE.UU, feito que nunca se chegou demostrar. Incuso se chegou pensar na posibilidade de que Earthart axudara ao goberno norteamericano nunha misión secreta en Xapón. Pero a versión oficial de Estados Unidos foi que o avión de Amelia quedara sen combustible e simplemente se estrelou nas augas do Pacífico.

O único que é seguro a día de hoxe é que todo o que hai son abundantes especulacións sobre o que puido pasar, xa que non se atopou indicio algún dos restos do avión. Desapareceu como engulido pola nada sen deixar o menor rastro. Este suceso é un dos máis grandes misterios da historia da aviación aínda sen resolver.