11.10.12

ULISES 31

Ulysses 31 é unha serie da década dos 80 das que xa non se fan, época na que atopabas outras coñecidas series como: Rúa Sésamo, Alf, MacGyver, De volta para o futuro... Ulysses 31 enganchou tanto a nenos coma maiores e era educativa e a vez divertida.  
Baséase nas aventuras de Odiseo (Ulises) á man da nave especial A Odisea. Ulises desperta a ira dos deuses cando mata ao gran Cíclope para salvar a un grupo de nenos entre eles o seu fillo Telémaco. Como castigo Zeus sentenza a Ulises a vagar polo universo do Olimpo ata que teña permitido volver a Terra. 



Personaxes principais: 

Ulises: procede da base espacial de Troya. Enfréntase a unha serie de acontecementos para atopar a ruta cara a Terra. 
Telémaco: fillo de Ulises. Tripulante da Odisea e personaxe crucial. Ten como amiga a Thais. 
Thais: amiga de Telémaco. Procedente do planeta Zotra. Foi rescatada por Ulises das fauces. Ten unha serie de poderes. 
Nono: robot de Telémaco e amigo inseparable. Supón un punto cómico na serie. 
Shirka: ordenador principal da Odisea.