
Grazas a plataforma cívica Nunca Máis, que aglutinou toda a indignación de todos os galeg@s, conseguiron que os políticos que tiñan a responsabilidade tanto a nivel estatal como autonómico estiveran avergoñados pola mala xestión que levaron a cabo durante a catástrofe. Demostrando unha vez máis que a sociedade galega pasoulles por riba.
Dez anos despois a nosa costa volve estar totalmente recuperada. Esperemos que estes sucesos non se volvan repetir nas nosas costas e que os políticos tomen as medidas necesarias para evitalo.