18.10.12

Coma relixión a Wicca

Símbolo da Wicca
A wicca é unha serie de crenzas Neopaganas que comezouse a espallar na década dos 50 grazas a Gerald Gardner. Está baseada en tradicións transmitidas oralmente dende tempos moi anteriores. Tamén inclúese na práctica tradicional un sistema máxico. Cren nun Deus e nunha Deusa personificados e de múltiples aspectos e a natureza é coma unha manifestación sagrada dos deuses e polo tanto, é sagrada.

A filosofía da wicca é básicamente:
"Fai o que queiras, mentres non danes a ninguén"


Isto nos leva a pensar cuidadosamente o que facemos e a ver as posibles consecuencias físicas, emocionais o mentais das nosas accións. A lei do retorno nos di que todo o que facemos nos vira de volta; se fago ben, recibirei ben; se fago algo malo, a culpa é miña. Facerse plenamente responsable das accións propias e das consecuencias que teñan as mesmas; non se pode por exemplo botarlle a culpa a unha entidade maligna como ao demo, por pór un caso. Nós e unicamente nós somos os responsables dos nosos actos, do noso corpo e dos nosos pensamentos.

A Ética de Evolución Constante indica que hai que usalo aprendido para mellorar nun camino de evolución espiritoal. De ahí que haxa que responsabilizarse polos nosos actos para facernos tamén responsables do noso entorno. Non só tratando de mellorar persoalmente, senón tamén respetando á natureza e aos demais e tratando de extender este mesmo respeto.

Fan rituais para estar en armonía cos deuses e coa súa representación no Universo, como ciclos naturais. A Divindad dos deuses está máis alá de calquera explicación, é coma en toda relixión unha cuestión de fé. Os rituais poden constar de danzas, cantos e meditacións. Tamén as tareas cotidiás poden converterse en pequenos rituais se se realizan coa conciencia adecuada.

Os seguidores desta relixión queren deixar claro que a wicca non é un sistema máxico independente como moita xente cre, isto non ten que ver coa maxía negra ou branca. Tampouco é un sistema relixioso reconstruísta das prácticas neolíticas, nin unha continuación do culto bruxeril do Medievo. En rematadas contas, a wicca non é como a bruxería tradicional, familiar ou coma ningún tipo de bruxería histórica.

Oración Wicca

Seguir as leis Wicca debemos,
En perfecto amor e perfecta confianza
Vivir e deixar vivir
Xustamente dar, e recibir
Tres veces o círculo tes que trazar
Para os espíritos malignos así botar
Sempre, o feitizo finalizar
Debe ao dicir o feitizo rimar
De toque xentil e suave mirada
Moito escoita, fala nada.
Ve en Deosil ao crecela Lúa
Cantando das Bruxas a Runa
Widdershing ao menguar a Lúa
Cantando de desaparición a Runa
Se a Lúa é nova, da Señora
Dous veces a mán besarás agora
Cando no seu cénit está a Lúa
O que desea o teu corazón busca.
A ráfaga do Norte debes escoitar
Botar a chave, as velas baixar
Cando do Sur o vento vén
O amor besarate na boca
Cando o vento sopla do Oeste
As almas descarnadas non descansarán
Cando o vento sopla do Este
Espera o novo, arma a festa
Nove madeiras no caldeiro van
Rápido e lento quemalas deberás
O Saúco é a árbore da Dama
Non o quemes, ou maldito estarás
Cando a Roda comenza a xirar
Arder os fogos de Beltane debes deixar
Cando a Yule xire a roda
Acende o tronco e o Astado reinará
Cuida o teu arbusto, árbore e flor
Bendecidos pola Señora son.
Onde as ondas de auga van
Tira unha pedra, a verdade saberás
Cando unha verdadeira necesidade teñas
Á codicia axena non servirás
Non pases tempo co parvo
Se non queres ser considerado coma seu amigo
Feliz encontro, feliz partida
Abrigan o corazón, encenden meixelas
A lei das tres veces deberás recordar
Malo tres veces, bo tres veces
Cando a mala sorte de persiga
Unha estrela azul na túa frente leva
Sempre fel no teu amor debes ser
Ou o teu amor infel te será
Sete palabras A Rede Wicca é:
Fai o que queiras, a ninguén danes.