18.9.12

O deus dos deuses, O incrible Zeus.

¿Queres saber quen é o xefe da Mitoloxía Grega
É Zeus ¿e queres saber algo del?.

Zeus, fillo de Rea e Cronos; Salvouse de ser devorado polo seu pai, non como lles pasou aos seus irmáns Poseidón, Hades... ; Salvouse grazas a súa nai que lle entregou a Cronos unha pedra envolta en pañais para que pensase que era o recén nacido.

Cronos devorando aos seus fillos.
Criado na illa de Creta pola ninfa Amaltea, máis tarde cando chegou a idade viril destronou ao seu pai e  Rea fixo que vomitase aos seus irmáns mediante unha brebaxe. Xunto con eles, enfrontouse aos titáns máis ao seu pai, a quen expulsou do reino do ceo e impuso unha nova orde na que el era o Deus supremo.
O Deus Supremo, Zeus.