19.9.12

Cíclopes, algo moi mitolóxico

Sabedes as típicas películas... onde un xigante cun só ollo mata a todo o que ten diante?
Pois diso é do que vou falar nesta entradiña e darlle un pouquiño de maxia tamén a eses pobres solitarios.

Pensade que estades un día polo campo e encontrádevos a un monstruo que vos leva vinte cabeciñas...
Que medo non? sobre todo eses que se personifican en fenómenos atmosféricos como a tormenta. Eu teño moito medo ás tormentas, non sei vós, pero escaparía inmediatamente.

Falando de que son seres tan malvados, hai moitos contos que din que os Cíclopes eran axudantes de Hefesto, o gradísimo deus do fogo.
Tamén, un paxaro díxome que houbo moitísimas xeracións deles e podo nomear algunha:

Supoño que moitos coñecedes A Odisea, ese grande conto que vós mesmos podedes visitar no enlace.
Non perdamos máis o tempo e falemos do papel que tiveron os nosos bichos nesa grande obra.
Era unha tribu de xigantes, devoradores de homes que encontrou Ulises e máis os seus compañeiros na illa de Sicilia. Todo ese conto... non me apetece contalo así que podedes mirar aquí: Cíclopes.