Un bosque cheo de faias foi un dos libros que máis me gustou neste curso. Expresa moi ben a discriminación que pasa un rapaz negro, Nelson e a súa familia, simplemente por ser negros. Tamén sobre todo, sobre os nazis. Outro aspecto é o valor da amizade entre Alexandre, Antón e Manuel e despois a amizade con Nelson. Xa que son rapaces coma calquera que se reúnen todos os fins de semana nun bar chamado o "Grapas" coma calquera adolescente, para xogar, beber, simplemente pasar o rato e a partires de que o bar cambia de dono, Caride, os rapaces van experimentando as consecuencias do nazismo.
Cando o garito cambia de dono, Manuel vai a ser o único que comece a ter una certa " amizade" con el . Aínda que non pasa de saudarse, pero os amigos non o saben polo que comezan a sospeitar que Manuel é un deles, sobre todo Nelson, é aínda máis cando atoparon entre as súas cousas, cousas relacionadas cos nazis. Pero en verdade o que el facía era reunir probas que incriminasen os outros e así por axudar ao seu amigo. Ao final os nazis decátanse que os rapaces sabian de máis, polo que collen a ... e o levan a casa de ... , que esta só , xa que a súa nai e mailo noivo saíron a cear e os nazis iso xa o sabían. Atan aos rapaces para pegarlles pero ... se queres saber o que pasou, a que esperas para leelo!
A verdade este libro gustoume moito, é moi interesante e reflicte moi ben as ideoloxías nazis, recomendaría este libro a todas as persoas pero en especial ás da nosa idade para que se dean conta, ao igual que eu tamén me din, de que a amizade é algo moi importante que hai que coidar .